Comercialización

Comercialización

 

A confraría de pescadores "San Cipriano" de Aldán-Hío atópase na ría de Aldán, ande se xuntan unhas incribles paisaxes, salpicadas de fermosas praias, e unhas augas ricas en peíxes de gran sabor e calidade. Ademais as augas que bañan as costas destas parroquias canguesas gozan dunha pureza e calidade envexable, reflectída na súa clasificación microbiológica que acada a máis alta categoría existente. A nosa actividade está composta por embarcacións de pequeoo e, medio tamaño gobernadas por armadores da comarca. Estes barcos adícanse á pesca artesanal, unha pesca sustentable e respectuosa co medio, nas lúas diferentes modalidades: nasa polbo, liña, miños, marisqueo a flote, etc.; de onde extraen especies como: polbo, lura, choco, faneca, navalla, ameixa rubia, etc.