PE155A-2026-00047 MAR DE BARALLOBRE

Enviado por JDPITA el Vie, 20/11/2026 - 13:58
FOTO FIESTA

Vimos de desenrolar parte do proxecto PE155A-2026-00047 MAR DE BARALLOBRE , ao amparo da orde de axudas do 12 de Decembro de 2025 da Consellería do Mar, presentado pola COFRADIA DE PESCADORES SANTIAGO APOSTOL DE BARALLOBRE ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e da Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026, sendo financiado un 70% polo FEMPA (Unión Europea) e o 30% restante (Xunta de Galicia) por un importe total de 61.740,00 euros para a anualidade 2026, coa creación da marca Mar de Barallobre e actividades de difusión e asistencia a accións de promoción da marca.