Proyectos
Vimos de finalizar o proxecto PE155A-2025-00093 DIFUSIÓN DAS ARTES DE PESCA DA CONFRARÍA E POSTA EN VALOR DO TRABALLO DAS PERSOAS VINCULADAS Á CONFRARÍA, ao amparo da orde de axudas do 12 de Febreiro de 2025 da Consellería do Mar, presentado pola COFRADIA DE PESCADORES SANTIAGO APOSTOL DE BARALLOBRE ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e da Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025, sendo financiado un 70% polo FEMPA (Unión Europea) e o 30% restante (Xunta de Galicia) por un importe total de 39426,23 euros para a anualidade 2025 e 2026, para actividades de difusión das artes de pesca da confraría e a posta en valor do traballo das persoas vinculadas á confraría. Durante o ano 2025 comprouse material promocional e fixose exaltación gastronómicos dos produtos da Confraría e durante o ano 2026 fixeronse sesións didácticas nos centros escolares da contorna e 5 tótems informativos de sensibilización. Os resultados acadados foron os que previamente se habían esperado na memoria do proxecto como foi o chegar a cultura mariñeira aos colexios e aos diferentes veciños da comarca.
A Confraría de Pescadores de Barallobre ven de desenrolar o proxecto PE209P-2025-00050 "PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS VIVOS E OS SEUS ECOSISTEMAS DA CONFRARÍA DE BARALLOBRE 2025-2026" ao amparo da ORDE do 09 de Abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable, sendo financiado un 70% polo FEMPA (Unión Europea) e o 30% restante (Xunta de Galicia) por un importe total concedido de 31.589,01 euros
A Confraría de Pescadores de Barallobre ven de desenrolar o proxecto PE209G-2025-00066 "MELLORA CALIDAD BARALLOBRE 2025" ao amparo da Orde do 26 de Decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestructuras dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) e tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G) nun 70% e a Comunidade Autónoma nun 30%, por un importe total de 29.631,60 euros, consistente na mellora da calidade da Confraría de barallobre 2025 a través de elementos de pesaxe, estabulación, limpeza, clasificación, conservación e presentación.
A Confraría de Pescadores de Barallobre ven de desenrolar o proxecto PE209G-2025-00069 "MELLORA SEGURIDAD BARALLOBRE 2025" ao amparo da Orde do 26 de Decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestructuras dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) e tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G) nun 70% e a Comunidade Autónoma nun 30%, por un importe total de 25.015,77 euros, consistente na mellora da seguridade da Confraría de barallobre 2025 a través de elementos de mellora e facilidade do transporte dos distintos produtos da lonxa.
FO027A - Programa de subvencións a confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña para actividades no ano 2025
A Confraría de Barallobre foi beneficiaria de unha axuda para a realización do proxecto: “ACCIONS FORMATIVAS 2025 DE BARALLOBRE” PROCEDEMENTO PE610A, da orde do 23 de XULLO de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e de acuicultura (FEMPA), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro por importe de 27.541,80 euros sendo executados na súa totalidade e realizando nestes meses os seguintes cursos: 1 Cursos de Formación sanitaria específica inicial, 1 Curso de actualización de formación sanitaria específica inicial, 1 Curso de como elaborar un plan de empresa cooperativa, 1 Curso de programa avanzado en liderazgo e habilidades directivas. Todos estos cursos son financiados co 70% pola Ue e o 30 % pola Comunidade Autónoma de Galicia (Xunta de Galicia)
Convocatoria: FO027B - Programa de subvencións a confrarías de pescadores, federacións provinciais das confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña para investimentos no ano 2025
Código de expediente: 2025000001794
Obxeto da subvención: Furgoneta cofradia barallobre 2025
Consistiu na compra dunha furgoneta volkswagen caddy 2025
-ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DA CONFRARÍA (VIXILANCIA, COMERCIALIZACIÓN PRODUTOS, VEHÍCULOS REFRIXERADORES...)
Comprouse unha furgoneta de 5 prazas, para facer varias actividades, desprazar á xente aos puntos de control das praias da entidade cos seus aperos e elementos de traballo, facer vixilancias nas zonas de autorización e concesión da Confraría, desprazar a eventos que se realizan por todo o territorio nacional aos membros da directiva e desprazar producto coa furgoneta có caixón isotermo que xa posuímos na lonxa.
Vimos de desenrolar o proxecto PE209H-2025-016 "SEMENTEIRA 2025 CONFRARÍA DE BARALLOBRE" ao amparo da orde de axudas do 10 de Decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria do ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de producción e que contribúan a unha mellora da xestióin e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipada de gastos (Código de procedemento PE209H), sendo financiado nun 100% pola Consellería do mar (Xunta de Galicia) por un importe de 13.543,02 euros para a semente de 752.390 unidades de ameixa babosa de tamiz 7 (15-18 mm).