Ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable (código de procedemento PE209P), á Confraría de Pescadores de Corcubión concedeuselle a axuda para o proxecto colectivo "REFORZO DA XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS MARISQUEIROS E DOS SEUS ECOSISTEMAS".
Prazo de execución do proxecto: dende o 1 de xullo de 2025 ata o 30 de xuño de 2026.
Este proxecto ten como obxectivos principais:
-
Desenvolvemento e seguimento de medidas técnicas de xestión sostibles.
-
Seguimento, mellora e recuperación do estado dos recursos marisqueiros e dos seus ecosistemas.
-
Garantir unha actividade marisqueira económica, social e ambientalmente sostible.
-
Fomentar e preservar a actividade marisqueira como actividade tradicional sostible e compatible coa conservación dos recursos e ecosistemas mariños.
E como obxectivos específicos:
-
Asesoramento técnico á xestión.
-
Elaboración, aplicación e seguimento dos plans de xestión dos recursos mariños.
-
Avaliación do estado dos recursos e dos seus ecosistemas para o seu seguimento, mellora e recuperación.
-
Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños e dos seus hábitats para garantir unha actividade marisqueira sostible.