Noticias

A Confraría de Pescadores de Corcubión ten o pracer de anunciar unha nova edición das súas Xornadas Gastronómicas, que terán lugar este verán co obxecto de poñer en valor os produtos da nosa ría e da pesca artesanal e a tradición mariñeira da nosa vila.

📅 Datas: 22,23 e 24 de agosto de 2025
📍 Lugar: Peirao de Corcubión

🐙Durante estas xornadas integrarase gastronomía, actividades divulgativas e cultura mariñeira. 

Agardámoste!

Actividade cofinanciada polo FEMPA e a Xunta de Galicia.

A Confraría de Pescadores de Corcubión ten o pracer de anunciar a posta en marcha da súa sede electrónica, unha nova plataforma que permitirá aos nosos socios e cidadáns realizar trámites en liña de forma rápida e cómoda.

A través desta sede, poderá acceder a servizos como a presentación de solicitudes ou a consulta de información relacionada coa súa actividade, sen necesidade de desprazamentos.

Con este paso, queremos facilitar a xestión e promover a modernización dos nosos servizos, garantindo unha atención máis áxil e accesible para todos.

Accede á sede electrónica na nosa páxina web no apartado "enlaces de interese" ou no seguinte enlace https://sede-cofradiacorcubion.xesmar.es/ e comeza a realizar os teus trámites.

Para informar sobre o seu manexo, organízase unha xornada formativa presencial nas instalacións da confraría o mércores, 16 de abril de 2025, ás 16:00 horas. 

Tamén podes acceder a un video tutorial formativo no seguinte enlace: https://xesmar.es/corcubion-sede-intro

Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo Da Pesca e Acuicultura 2023-2027 (FEMPA)

 

I XORNADAS GASTRONÓMICAS ORGANIZADAS POLA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

Esta noticia es de la carga incial de datos. Despublicar al crear noticias de reales.