XORNADAS DE EXALTACIÓN DOS RECURSOS DA PESCA COSTEIRA ARTESANAL DA LONXA DE CORCUBIÓN

Enviado por COFRADIA el Mié, 13/08/2025 - 15:43
FEMPA

Ao abeiro da ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155A) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto:  Xornadas de Exaltación dos Recursos da Pesca Costeira Artesanal da Lonxa de Corcubión. 

Obxectivo xeral: 

- Exaltar e promocionar os produtos da pesca e do marisqueo procedentes da pesca artesanal e comercializados na lonxa de Corcubión, destacando a calidade culinaria dos mesmos a través de actividades no ámbito gastronómico. 

Obxectivos específicos:

- Promover o consumo dos produtos do mar locais.

- Poñer en valor a labor dos traballadores do mar.

- Potenciar a pesca costeira artesanal.

- Fomentar o coñecemento e o respeto ás tradicións pesqueiras entre os máis pequenos.

- Dinamización dunha vila costeira mediante a integración da cultura mariñeira e gastronómica.