Programa FEMPA para España 2021ES14MFPR001.
Prioridade: 3
Obxectivo específico: Permitir unha economía azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas.
Tipo de actividade 3.1.2 Estratexias de desenvolvemento local participativo.
Tipo de Intervención 14. Aplicación da estratexia de CLLD.
Promovido pola Confraría de Pescadores de Malpica, proponse a incorporación dun vehículo híbrido eléctrico 4x2, Renault Duster, con neveiras isotermas que permitirá aos mariñeiros que os seus produtos, como o percebe, o ourizo e a anemone, recursos altamente sensibles, cheguen á lonxa en óptimas condicións de frescura, hixiene e trazabilidade, garantindo un maior valor engadido. Tamén permitirá reforzar as tarefas de vixilancia e control das zonas de marisqueo, permitindo de maneira máis áxil chegar ás áreas de difícil acceso.