Denominación: MELLORA DA XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS.
N º Expediente PE209P-2025-00054.
Reforzo da xestión sustentable dos recursos pesqueiros no ámbito territorial da Confraría de Malpica.
Implantación de medidas técnicas e de vixilancia e control de acceso ós recursos mariños vivos da zona costeira, que contribúan ó bo estado ambiental. Recollida de información sobre o estado das poboacións para a mellora da xestión responsable, na procura de garantir as condicións de vida das persoas relacionadas coa súa explotación.
Identificación: Programa para España CCI 2021ES14MFPR001.
Prioridade 1- Fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.
O.E. 1.1- Reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e ambientalmente sustentables.
Medida 1.1.1. - Xestión sustentable dos recursos pesqueiros. Fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos.
Convocatoria de axuda: 2025. Orde do 9 de abril de 2025.
Organismo Intermedio Xestión: Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Obxectivo: Reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.
Ubicación da operación: Concello: Malpica de Bergantiños Provincia: A Coruña.