Ourizo

O ourizo é un invertebrado mariño do Phylum Echinodermata cun caparazón con tendencia ás cores negra, verde e violeta. Este caparazón é máis ou menos globular e con forma de disco, e está protexido por espiñas robustas e aguzadas que, ao caeren, deixan ver un corpo dividido en grupos de placas. A parte comestible dos ourizos son as gónadas,que se poden consumir tanto ó natural coma en distintas preparacións (conserva, paté, ...). As gónadas femininas son de cor amarela forte ou alaranxadas; as masculinas, amarela clara ou parda.

A extracción comercial de ourizo está regulada mediante plans de xestión. Pode collerse a pé ou dende embarcación, utilizando bicheiro ou forquita axudados dun espello ou mirafondos, aínda que esta arte soamente pode ser utilizada en fondos inferiores a cinco metros. Tamén pode ser extraído mediante mergullo en apnea ou con aire dende superficie. As capturas concéntranse entre outubro e abril, coincidindo co momento de maior condición gonadal dos individuos.

Español
Imagen especie: 
Tipo especie: 
Nombre latin: 
Paracentrotus lividus
Enlace url: 
/ourizo