Ten unha cuncha alongada, brillante e recta. Diferénciase do longueirón en que os seus extremos están máis curvados e inclinados e son máis curtos que os daquel, e tamén porque a súa cuncha é máis brillante que a do longueirón.
Teñen unha superficie brillante que semella vernizada. As valvas son alongadas, cunha cuncha arqueada moi característica (en forma de navalla) que as diferencia do longueirón, co que, non obstante, comparten unha coloración similar.
Ten unha cuncha de forma oval-triangular; é de cor branca e textura moi suave. As estrías que presenta a cornicha cambian de ton escuro a claro conforme van do exterior ao interior da cuncha.
Concha fina e forte, e a súa aparencia exterior pode variar entre unha cor cremosa ata un marrón escuro na que a pesar de ser practicamente lisa, podemos diferenciar as liñas concéntricas xa que teñen un ton rosado Na maioría das ocasiones pode alcanzar cerca de 110 mm de diámetro e pasar de 200gramos de peso atlánticas
O carneiro ten as cunchas grosas, de forma case circular, moi marcadas e formando sucos pronunciados. A cor é, polo xeral, parda. Habita en fondos de area algo lamacentos.
O berberecho é un molusco (palabra que na súa orixe significa "mol") que ten as valvas ou cunchas de forma case circular. Posúe entre 22 e 28 costelas ben marcadas e vive en fondos lamacentos e de area fina próximos ás costas. Por causa da súa forma de corazón foi polo que, ao principio, se lle deu nome de "corazón comestible" (cardium edule).
A cuncha da ameixa fina posúe unhas liñas en forma de raios e outras concéntricas que forman os seus característicos cadradiños. Esta é a primeira diferenza coa babosa. A súa cor será distinta dependendo do substrato (area) onde se cría, variando entre branca e acastañada. Os seus sifóns son longos e están separados un doutro, en toda a súa lonxitude, e esta é outra boa característica para distinguila das demais ameixas.
A cor deste molusco é normalmente gris pálida ou crema, con bandas tenues dunha tonalidade máis intensa e unhas liñas que se debuxan na cuncha en paralelo ó seu borde. Os sifóns da ameixa babosa están unidos en toda a súa lonxitude, sendo precisamente esta característica a que nos permite diferenciala das outras clases de ameixas.
O seu nome provén da súa tonalidade encarnada, que lle dá un aspecto diferente ao das outras ameixas. Posúe unha cuncha cuberta por liñas algo máis brillantes, que van paralelas ao bordo exterior dun ton máis pálido ca a súa propia cor. Semella estar pulida.