Sobre nos

Sobre nos

 

A Confraría de Pescadores "Virxe do Carme de Rianxo" na provincia de A Coruña, en adiante Confraría, é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lle están encomendadas, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector, sen prexuizo da representación que posúen as organizacions de empresarios e traballadores da pesca, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

O seu ámbito territorial comprende dende Punta da Pedra Rubía en Abanqueiro- Concello de Boiro (A Coruña) ata Pontecesures no Concello de Padrón.

A confraría ten o seu domicilio social na rúa de Peirao, s/n no termino municipal de Rianxo (A Coruña), podendo o cabido acordar o cambio de domicilio dentro do seu ámbito territorial, dando conta á xunta xeral e á consellería competente en materia de pesca.

  Horarios da lonxa:

  • A apertura da lonxa é as 9:00h da mañá, permanecendo aberta en horario diurno ata a finalización das subastas.

  Subastas:

  • MARISQUEO DESDE EMBARCACIÓN: de luns a venres ás 14:00h durante todo ano
  • MARISQUEO A PÉ: de luns a venres, estará en función das mareas, aínda que nunca se subastará antes das 14:00, nin despois das 20:00 hs. durante todo o ano
  • PESCA DO XEITO: ás 24:00 hs e 7:00 hs, dous únicas subastas
  • PESCA DE BOU DE VARA: de luns a venres ás 15:30h, de novembro ata marzo.

 

  Horario da confraría:

  • De 9:00 a 15:00