MELLORA PORTA ACCESO A LONXA DE CANIDO

Rematada a instalación da nova porta de acceso a Lonxa de Canido cumprimos cos obxectivos previstos e as necesidades detectadas. A nova porta é de fabricación propia e está formada por duas seccións pregables, cunha pare de acceso peonil practicable polos persoal e usuarios, sen necesidade de abrir a porta enteira.
A nivel sanitario, ao manter a porta pechada a maior parte do tempo, vai contribuír o control de insectos, roedores e outras posibles pragas no interior da lonxa.
De cara a eficiencia enerxética o ter a porta pechada a maior parte do tempo evita as perdas de temperatura polo intercambio de frío-calor entre o interior da lonxa (refrixerada) e o exterior.