ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS NO PORTO DE CANIDO

ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS NO PORTO DE CANIDO

 

Proxecto de mellora das infraestruturas en portos segundo a Orde do 23 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonx as ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP)

Mediante a realización deste proxecto dotamos dun local para almacenamento de pertrechos da pesca e outro equipamento variado empregado nas actividades pesqueiras, ademais de instalar un lavamans, mellorando a seguridade e condicións de traballo dos mariscadores e pescadores que empregan o porto de Canido. As mellora das infraestruturas e condicións de traballo vai permitir acadar unha actividade pesqueira máis sustentable e economicamente rendible.

PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS NO PORTO DE CANIDO (PE209G-2021/17)

  • Data de inicio: 13/09/2021
  • Data de finalización: 15/12/2021
  • Importe total concedido para o proxecto: 3.135,00 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP