EQUIPOS DE MOVEMENTO DE CARGAS NO PORTO DE CANIDO

EQUIPOS DE MOVEMENTO DE CARGAS NO PORTO DE CANIDO

 

Proxecto para equipos de movemento de cargas no Porto de Canido, solicitado segunda a Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

Mediante a realización deste proxecto dotamos o porto de Canido de 2 traspaletas para o movemento de cargas durante as actividades pesqueiras, mellorando a seguridade e condicións de traballo das persoas mariscadores e pescadores que empregan o porto. Este equipamento completa a dotación básica da nova Lonxa de Canido, mellorando a seguridade e condicións de traballo, o que vai permitir acadar unha actividade pesqueira máis sustentable e economicamente rendible.

PROXECTO DE EQUIPOS DE MOVEMENTO DE CARGAS NO PORTO DE CANIDO (PE209G-2022/53)

  • Data de inicio: 19/07/2022
  • Data de finalización: 01/12/2022
  • Importe total concedido para o proxecto: 4.270,00 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%