PROXECTO "SOMOS CONFRARÍA"

PROXECTO "SOMOS CONFRARÍA"

 

No ano 2022 que está a piques de comezar, poremos en marcha o Proxecto "Somos Confraría" financiado a través do GALP Ría de Vigo- A Guarda. Este proxecto vai contribuír activamente á mellora da gobernanza dentro da Confraría de Pescadores de Vigo, fomentando a participación de homes e mulleres, así como a súa implicación na venda dos produtos do mar e outros servizos, e visibilizando e poñendo en valor o papel histórico das mulleres na organización, favorecendo así que formen parte dos órganos de goberno así como dos propios subsectores representados. Seguiremos informando dos seus avances.