RESULTADOS DO PROXECTO DE CONTABILIDADE SOCIAL

RESULTADOS DO PROXECTO DE CONTABILIDADE SOCIAL

 

PLAN ESTRATÉXICO PARA O DESENVOLVEMENTO DUN MODELO DE CONTABILIDADE SOCIAL PARA AS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL DO SECTOR PESQUEIRO.

A Confraría de Pescadores de Vigo e a Fundación para la pesca y marisqueo – FUNDAMAR-, desenvolveron durante o 2020 e 2021 un PLAN  ESTRATÉXICO  PARA O DESENVOLVEMENTO DUN MODELO DE CONTABILIDADE SOCIAL PARA AS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL DO SECTOR PESQUEIRO, co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

O obxectivo foi visibilizar, xestionar e monetizar o valor social xerado polas organizacións do sector pesqueiro e poder establecer un modelo de contabilidade social transferible, neste caso replicable para ao resto de Confrarías de Galicia, xa que desde o punto de vista contable e financeiro, é fácil coñecer o rendemento económico dunha organización analizando os seus estados financeiros, pero hai aspectos que xeran valor para a sociedade e que non están incluídos nestes saldos como é o valor social; un valor que se pode medir e que vai máis alá do valor de mercado.

Con esta iniciativa preténdese tamén reforzar as actividades de difusión da economía social para sensibilizar sobre a importancia de que todos os axentes e a cidadanía contribúan a xerar emprego de calidade, fixar poboación, respectar ao medio e cambiar os procesos de produción, distribución, consumo e aforro das empresas e entidades do sector pesqueiro e marisqueiro.

Achegamos documento onde se recollen os resultados obtidos do traballo realizado dende setembro do ano 2020.