REMOCIÓN BANCOS INTERMAREAIS 2025

Enviado por cofradia o Lun, 28/07/2025 - 10:25
DIVULGACIÓN PROXECTO REMOCIÓN 2025

Proxecto para a restauración de hábitats localizados en bancos marisqueiros intermareais. O obxecto é mellorar as condicións físico-químicas do sedimento a través dunha remoción do substrato, para contrarrestar procesos de enfangamento. A finalidade é facilitar a fixación larvaria e incrementar a biodiversidade.