INSTALACIÓN DE BOMBA DE AUGA SALGADA

Enviado por cofradia o Mér, 10/12/2025 - 12:07
INSTALACIÓN DE BOMBA DE AUGA SALGADA

 

 Proxecto que consistiu na instalación dunha bomba de auga salgada para dar servizo á  lonxa de Santa Cristina de Cobres.

O obxectivo acadado con esta instalación é poder contar con este subministro de auga salgada, que permite limpar toda a mercancía que o precise, eliminando o sedimento areoso e fangoso adherido ós bivalvos e que non pode chegar á primeira venda.

O resultado conseguido é ofrecer un produto en perfectas condicións hixiénico-sanitarias e cun aspecto atractivo para o comprador.