XORNADA TÉCNICA A GUARDA, MAR DE MARCA

CAMBIO DE FECHA por atrasos na entrega do vehículo

Estimados, estimadas,

Dende a Cofradía de Pescadores Santa Tecla, estamos a desenvolver o proxecto A GUARDA, MAR DE MARCA. No marco deste proxecto, gustaríanos convidaros a participar na Xornada Técnica sobre a evolución e análise dos resultados obtidos polo proxecto.

O obxectivo desta sesión de traballo será avaliar os resultados da experiencia piloto levada a cabo, coñecer as experiencias de comercialización doutras organizacións con fins similares así como como explorar os novos pasos a dar para afondar en novos procesos de comercialización e posta en valor

A xornada técnica terá lugar na Lonxa de A Guarda, o vindeiro martes 28 de outubro as 18:00 horas. Por motivos de organización, agradecemos confirmación de asistencia ao enderezo cofradia@cofradiaguarda.org, ou no teléfono 986610307.

Un saúdo e ata pronto.

Públicos