Marisqueo

Marisqueo

 

A Confradía de Pescadores de Barallobre ten na actualidade dous grandes sectores que abarcan máis do 90% do volumen de facturación da empresa:

  • Marisqueo a pé
  • Marisqueo a flote

Esta empresa realiza tambén dous actividades diferenciadas e complementarias:

  • Lonxa de pescado e marisco
  • Centro de depuración e expedición de moluscos bivalvos vivos

Na lonxa de pescado e marisco comercializase diariamente todalas capturas dos mariscadores, mediante a adxudicacón do prezo nunha poxa.

No centro de depuración e expedición de moluscos bivalvos vivos ten como finalidade ofrecer ó mercado os moluscos que previamente foron extraidos polos nosos socios e atender os clientes cun producto de calidade e garantía.

O futuro desta empresa está ligado a expansión comercial. O Plan Estratéxico ten una rama fundamental para esta empresa que é a ampliación do noso mercado potencial, no largo prazo trataremos  de chegar a clientes lonxanos e para elo unha das ferramentas que decidimos implantar é unha tenda virtual.

Estamos preocupados por la diferenciación de nosos productos polo que nun futuro nosas actuacións irán encaminadas a mellorar a calidade dos nosos productos e reflexar esta circunstancia cun distintivo recoñecido o acredite.