Sobre nos

Sobre nos

 

A actividade pesqueira e marisqueira sempre tivo moita importancia na economía e na sociedade do noso entorno, foi un grupo de pescadores que fundou a Confraría de Pescadores de Santiago Apostol de Barallobre hai máis de medio século.

Nos anos 50, grandes cantidades de zamburiña extraídas da ría de Ferrol foron subastadas por mariscadores a flote, é a partir do ano 1962, cando se modifica o Regulamento da Lonxa de peixes para integrar e controlar o marisco capturado a pé.

A partir dos anos 70 comeza a extracción de grandes cantidades de moluscos (basicamente ameixa babosa) do banco marisqueiro “As Pías”, converténdose nos anos 90 no banco marisqueiro mergullado máis importante de Galicia, dos cales extraeu máis da cuarta parte da produción galega total de ameixa babosa. O 13/01/1998 esta situación modifícase como consecuencia do accidente da Plataforma de Petróleo "Discoverer Enterprise" contra a ponte "As Pías", a limpeza dos restos da antiga ponte depositada no fondo do mar nunca se realiza por completo.

O marisco de pé ten dúas circunstancias importantes a destacar; Así, no ano 2000, a gran maioría deste colectivo que levaba unha actividade económica sen estar dado de alta na Seguridade Social, constituíuse como traballadores autónomos dentro do Réxime Especial do Mar da Seguridade Social, e o outro aspecto a destacar é que nos últimos anos froito do seu gran traballo (limpeza, seguimento e plantación dos seus bancos marisqueiros) acadaron un aumento dos ingresos que perciben pola súa actividade.

Confradía de Pescadores de Barallobre ten na actualidade dous grandes sectores que abarcan máis do 90% do volumen de facturación da empresa:

  • Marisqueo a pé
  • Marisqueo a flote

Esta empresa realiza tambén dous actividades diferenciadas e complementarias:

  • Lonxa de pescado e marisco
  • Centro de depuración e expedición de moluscos bivalvos vivos

Na lonxa de pescado e marisco comercializase diariamente todalas capturas dos mariscadores, mediante a adxudicacón do prezo nunha poxa.

No centro de depuración e expedición de moluscos bivalvos vivos ten como finalidade ofrecer ó mercado os moluscos que previamente foron extraidos polos nosos socios e atender os clientes cun producto de calidade e garantía.

O futuro desta empresa está ligado a expansión comercial. O Plan Estratéxico ten una rama fundamental para esta empresa que é a ampliación do noso mercado potencial, no largo prazo trataremos  de chegar a clientes lonxanos e para elo unha das ferramentas que decidimos implantar é unha tenda virtual.

Estamos preocupados por la diferenciación de nosos productos polo que nun futuro nosas actuacións irán encaminadas a mellorar a calidade dos nosos productos e reflexar esta circunstancia cun distintivo recoñecido o acredite.

  Horarios da lonxa:

  • A partir das 15:30.

  Horario da confraría:

  • De 8:00 a 16:00