OBRA DE MODERNIZACIÓN DA CÁMARA FRIGORÍFICA DE CONSERVACIÓN DE PRODUTO FRESCO NA LONXA DE BUEU

Enviado por cofradia el Lun, 25/09/2023 - 12:11

DESENROLO

Principais obxectivos do proxecto: 

Mellorar a calidade dos produtos procedentes da pesca artesanal grazas á mellora no illamento das cámaras de fresco da lonxa de Bueu o que da lugar a un mantemento constante da temperatura de conservación, sen cambios bruscos que afecten á calidade dos produtos que se atopan almacenados no seu interior.
Dividir a cámara de conservación de produto fresco en dúas zonas, zona de pescado e zona de bivalvos. Esta separación mellora o control das distintas liñas de produtos comercializados a través da lonxa de Bueu
Reducir o custe de electricidade consumida pola instalación frigorífica da Lonxa de Bueu e mellorar a eficiente enerxética da mesma

Obxectivos  específicos:

  • Modernizar a cámara frigorífica de conservación de produto fresco mediante substitución dos de paneis actuais que se atopan en mal estado, por outros de máis espesor e mellor illamento.
  • Substituír a porta frigorífica de corredera por unha nova en bo estado que non teña perdas térmicas.
  • Arranxar as filtración de auga e térmicas do chan, xa que xeran unha perda térmica moi elevada e deterioran a calidade do produto conservado
  • Dividir a cámara de conservación de produto fresco en dúas zonas. Zona pescado e zona bivalvos.

 

PRAZO DE EXECUCIÓN

Prazo total (meses): 2

Anualidades: 2023

Data fin de execución: 01/10/2023

 

INFORMACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO

Importe total do proxecto: 86.284,35 €

Importe total subvencionable:  86.284,35 €

% Subvención:  100

Financiadores

Expediente cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

Porcentaxe cofinanciamento da medida. 75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma.