Órganos de goberno

Son órganos reitores da Confraría: a Xunta Xeral, o Cabildo e o Patrón Maior.

A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno e decisión da Confraría, na que están representados todos os profesionais do sector afiliados. Actúa como órgano de control e fiscalización dos restantes órganos reitores da Confraría.

O Cabildo é o órgano de goberno, xestión e administración da Confraría. Está formado polo Patrón Maior, o Secretario e os vogais, dos cales dous serán obrigatoriamente os vicepatrones 1º e 2º.

O Patrón Maior é o representante da Confraría. Preside a Xunta Xeral e o Cabildo. Será elixido pola Xunta Xeral de entre os seus membros.

As eleccións para a constitución ou renovación dos órganos da Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril realízanse cada catro anos e réxense polo establecido no DECRETO 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, así como polos Estatutos da propia Confraría.

O Cabildo componse de:

  • Patrón Maior: José Luis Villanueva Vicente
  • VicePatrona 1ª: Rita Vidal Mouriño
  • VicePatrón 2º: Javier Cambre Feijoo
  • 4 traballadores/ as de marisqueo a pé.
  • 3 empresarios en parques de cultivo.
  • 1 empresario en marisqueo a flote

 

A Xunta Xeral componse de:

  • Patrón Maior: José Luis Villanueva Vicente
  • VicePatrona 1ª: Rita Vidal Mouriño
  • VicePatrón 2º: Javier Cambre Feijoo 22 vogais, composto segundo os sectores de produción:
    • 9 traballadores/ as de marisqueo a pé
    • 9 empresarios de acuicultura en parques de cultivo.
    • 1 traballador de acuicultura en parques de cultivo.
    • 1 empresario de marisqueo á boia.
    • 1 traballador de marisque á boia.
    • 1 empresario de pesca de baixura.
  • Secretaria: Estefanía Otero Barros