A Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Horarios da lonxa:
- A partires das 10:00h ata final da subasta.
- Subasta: De luns a venres ás 17:40h. (pode varia nas datas sinaladas: Nadal, Semana Santa, verán... según as mareas) sempre máis tarde das 17:40h..
Horario da confraría:
- Luns e Mércores de 9:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h
Martes, Xoves e Venres de 08:00h a 15:00h