A Confraría de Pescadores de Corcubión ten o pracer de anunciar a posta en marcha da súa sede electrónica, unha nova plataforma que permitirá aos nosos socios e cidadáns realizar trámites en liña de forma rápida e cómoda.
A través desta sede, poderá acceder a servizos como a presentación de solicitudes ou a consulta de información relacionada coa súa actividade, sen necesidade de desprazamentos.
Con este paso, queremos facilitar a xestión e promover a modernización dos nosos servizos, garantindo unha atención máis áxil e accesible para todos.
Accede á sede electrónica na nosa páxina web no apartado "enlaces de interese" ou no seguinte enlace https://sede-cofradiacorcubion.xesmar.es/ e comeza a realizar os teus trámites.
Para informar sobre o seu manexo, organízase unha xornada formativa presencial nas instalacións da confraría o mércores, 16 de abril de 2025, ás 16:00 horas.
Tamén podes acceder a un video tutorial formativo no seguinte enlace: https://xesmar.es/corcubion-
Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo Da Pesca e Acuicultura 2023-2027 (FEMPA)