-
Ao abeiro da ORDE do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto “Mellora da seguridade e das condicións de traballo na lonxa de Corcubión”.
-
O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras que operan neste peirao e potenciar a autonomía dos traballadores e para o cal, se inviste nunha carretilla elevadora eléctrica.