-
Ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto “Actuación de mellora da infraestructura interior da lonxa de Corcubión”.
-
O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade e as condicións de traballo na lonxa mediante a adecuación da envolvente interior do edificio, garantindo un espazo de traballo seguro, hixiénico e funcional para o desenvolvemento da actividade de primeira venda e manipulación de produtos pesqueiros.