Proxectos
Ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F), á Confraría de Pescadores de Corcubión concedeuselle a axuda para o proxecto colectivo "BANCOS MARISQUEIROS DE CORCUBIÓN SEN LIXO MARIÑO".
Prazo de execución do proxecto: dende o 23 de febreiro de 2026 ata o 30 de setembro de 2027.
O proxecto ten como obxectivo principal contribuír á protección, recuperación e mellora do estado ambiental dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de Xestión de Moluscos Bivalvos e Gasterópodos a pé da Confraría de Pescadores de Corcubión, mediante a recollida activa de residuos mariños, coa participación directa das persoas mariscadoras a pé.
E como obxectivos específicos:
-
Retirar residuos mariños sólidos acumulados nos bancos marisqueiros.
-
Previr o deterioro dos ecosistemas mariños e intermareais asociados ao marisqueo.
-
Mellorar as condicións ambientais e produtivas dos bancos marisqueiros.
-
Implicar activamente ás persoas mariscadoras na protección do medio mariño.
-
Contribuír á redución da contaminación mariña e ao cumprimento dos obxectivos ambientais do FEMPA.
Ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipada de gasto (código de procedemento PE209B), á Confraría de Pescadores de Corcubión concedeuselle a axuda para o proxecto colectivo "REXENERACIÓN E CONSERVACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DE CORCUBIÓN, CEE E SICAR".
Prazo de execución do proxecto: dende o 1 de xuño de 2026 ata o 14 de setembro de 2027.
O proxecto ten como obxectivo xeral mellorar a produtividade, o estado ambiental e a sustentabilidade dos bancos marisqueiros da Praia de Corcubión (CM-145), Praia de Cee (CM-078) e SICAR (CM-282), contribuíndo ao mantemento dos hábitats mariños e da biodiversidade de especies marisqueiras de interese comercial e a mellora das condicións de vida e traballo das persoas mariscadoras desta entidade.
E como obxectivos específicos establécense:
- Rexenerar o recurso marisqueiro mediante a sementeira de ameixa babosa na Praia de Cee e SICAR.
- Mellorar as condicións físicas e biolóxicas do substrato mariño a través do reacondicionamento do substrato na Praia de Corcubión e na Praia de Cee.
- Restaurar a biodiversidade mariña e a funcionalidade ecolóxica dos bancos marisqueiros afectados pola acumulación de algas verdes na tempada de verán-outono.
- Favorecer unha explotación marisqueira sustentable a medio e longo prazo.
-
Ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto “Actuación de mellora da infraestructura interior da lonxa de Corcubión”.
-
O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade e as condicións de traballo na lonxa mediante a adecuación da envolvente interior do edificio, garantindo un espazo de traballo seguro, hixiénico e funcional para o desenvolvemento da actividade de primeira venda e manipulación de produtos pesqueiros.
Ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos
colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a
restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco
de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipada de gasto (código de procedemento
PE209B), á Confraría de Pescadores de Corcubión concedeuselle a axuda para o proxecto "REACONDICIONAMENTO DO SUBSTRATO DOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".
A data de inicio do proxecto é o 01/10/2025 e a data de finalización o 30/04/2026.
Este proxecto ten como obxectivo principaL:
-
Mellorar a xestión e conservación dos recursos biolóxicos mariños e dos seus hábitats costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro nos bancos marisqueiros da Confraría de Corcubión.
E como obxectivos específicos:
- Incremento/mantemento da biodiversidade mariña nos bancos marisqueiros da Praia de Cee e da Praia de Corcubión.
- Conservar os hábitats mariños costeiros de interese, fomentando o uso axeitado do territorio.
- Mellorar os servicios ecosistémicos de provisión de alimento, de regulación e mantemento, e culturais e socioeconómicos.
Ao abeiro da ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155A) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto: Xornadas de Exaltación dos Recursos da Pesca Costeira Artesanal da Lonxa de Corcubión.
Obxectivo xeral:
- Exaltar e promocionar os produtos da pesca e do marisqueo procedentes da pesca artesanal e comercializados na lonxa de Corcubión, destacando a calidade culinaria dos mesmos a través de actividades no ámbito gastronómico.
Obxectivos específicos:
- Promover o consumo dos produtos do mar locais.
- Poñer en valor a labor dos traballadores do mar.
- Potenciar a pesca costeira artesanal.
- Fomentar o coñecemento e o respeto ás tradicións pesqueiras entre os máis pequenos.
- Dinamización dunha vila costeira mediante a integración da cultura mariñeira e gastronómica.
Ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable (código de procedemento PE209P), á Confraría de Pescadores de Corcubión concedeuselle a axuda para o proxecto colectivo "REFORZO DA XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS MARISQUEIROS E DOS SEUS ECOSISTEMAS".
Prazo de execución do proxecto: dende o 1 de xullo de 2025 ata o 30 de xuño de 2026.
Este proxecto ten como obxectivos principais:
-
Desenvolvemento e seguimento de medidas técnicas de xestión sostibles.
-
Seguimento, mellora e recuperación do estado dos recursos marisqueiros e dos seus ecosistemas.
-
Garantir unha actividade marisqueira económica, social e ambientalmente sostible.
-
Fomentar e preservar a actividade marisqueira como actividade tradicional sostible e compatible coa conservación dos recursos e ecosistemas mariños.
E como obxectivos específicos:
-
Asesoramento técnico á xestión.
-
Elaboración, aplicación e seguimento dos plans de xestión dos recursos mariños.
-
Avaliación do estado dos recursos e dos seus ecosistemas para o seu seguimento, mellora e recuperación.
-
Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños e dos seus hábitats para garantir unha actividade marisqueira sostible.
-
A Diputación da Provincia da Coruña aprobou a concesión dunha subvención a Confraría de Pescadores de Corcubión ao abeiro do PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDO Á CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓNS DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2025 (BOP Nº 110, Mércores, 11 de xuño de 2025).
Pódese consultar a publicación oficial no seguinte enlace:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/06/11/2025_0000003839.pdf
- A subvención ten por obxecto o IMPULSO E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS DO MAR DA LONXA DE CORCUBIÓN E APOIO E PROMOCIÓN DO SECTOR PESQUEIRO.
Ao abeiro da orde do 2 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan
para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados
polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a
xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e
ambientalmente sustentable (código de procedemento PE209P), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "CONTRIBUCIÓN A XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS".
Este proxecto ten como obxectivos principais:
-
Contribuír a xestión sostible dos recursos biolóxicos mariños e preservar a riqueza natural dos ecosistemas mariños ao amparo dos plans de explotación da Confraría de Corcubión.
-
Contribuír a conservación e recuperación dos recursos biolóxicos mariños e dos seus ecosistemas ao amparo dos plans de explotación da Confraría de Corcubión.
-
Garantir unha actividade marisqueira económica, social e medioambientalmente sostible.
-
Fomentar e preservar a actividade marisqueira como actividade tradicional sostible e compatible coa conservación dos ecosistemas mariños.
E como obxectivos específicos:
-
Asesoramento técnico para seguir mellorando a xestión das zonas de explotación mediante os estudos previos e de seguimento das accións levadas a cabo.
-
Seguir recuperando os stocks das especies explotadas grazas á mellora da xestión dos bancos marisqueiros.
-
A recuperación e conservación dos stocks das especies marisqueiras contribuirán a incrementar a labor marisqueira a medio-longo prazo e poderase, así, propiciar a continuidade da actividade tradicional marisqueira.
-
Seguir mellorando e realizando o mantemento dunhas condicións axeitadas do medio para xerar condicións de vida máis favorables para os organismos mariños e favorecer a fixación dos xuvenís.
Ao abeiro da Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B), a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "RECUPERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".
Este proxecto ten como obxectivos principais:
- Recuperar e conservar os hábitats mariños intermareais en favor de poboacións de especies de interese marisqueira dos bancos marisqueiros da entidade.
- Mellorar a biodiversidade e os servicios ecosistémicos dos bancos marisqueiros da entidade.
E como obxectivos específicos:
- Incremento da biodiversidade mariña nos bancos marisqueiros da entidade.
- Recuperar os hábitats mariños intermareais realizando sementeira e reacondicionamento do substrato nos bancos marisqueiros de interese.
- Conservar os hábitats mariños intermareais realizando labores de restauración da biodiversidade nos bancos marisqueiros da entidade.
- Mellorar os servicios ecosistémicos de provisión do alimento, grazas ao incremento da produtividade marisqueira, e de regulación e mantemento mediante a mellora do ciclo de nutrientes.
- Mellorar os servicios ecosistémicos culturais e socioeconómicos co mantemento e continuidade da profesión tradicional de mariscador a pé.
- Ao abeiro da orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitada como expediente anticipado de gasto (Código de procedemento PE209G) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto: FÁBRICA DE XEO NA LONXA DE CORCUBIÓN.
- O obxecto deste proxecto é mellorar a calidade dos produtos procedentes da pesca mediante o uso de xeo como elemento conservador da cadea de frío e o investimento materialízase nunha instalación para a fabricación de xeo situada no peirao de Corcubión.