MODERNIZACIÓN DOS EQUIPOS DE PESAXE DA LONXA DE CORCUBIÓN

Enviado por COFRADIA o Xov, 11/06/2026 - 19:14
PROXECTO COFINANCIADO POLO FEMPA
  • Ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G) a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto “Modernización dos equipos de pesaxe da Lonxa de Corcubión.

  • O obxecto deste proxecto é mellorar a calidade dos produtos pesqueiros comercializados na lonxa e incrementar o control e a rastrexabilidade de cada captura, mediante unha correcta xestión no proceso de pesada, rexistro e identificación dos produtos procedentes da pesca e do marisqueo comercializados nesta lonxa.