Ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F), á Confraría de Pescadores de Corcubión concedeuselle a axuda para o proxecto colectivo "BANCOS MARISQUEIROS DE CORCUBIÓN SEN LIXO MARIÑO".
Prazo de execución do proxecto: dende o 23 de febreiro de 2026 ata o 30 de setembro de 2027.
O proxecto ten como obxectivo principal contribuír á protección, recuperación e mellora do estado ambiental dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de Xestión de Moluscos Bivalvos e Gasterópodos a pé da Confraría de Pescadores de Corcubión, mediante a recollida activa de residuos mariños, coa participación directa das persoas mariscadoras a pé.
E como obxectivos específicos:
-
Retirar residuos mariños sólidos acumulados nos bancos marisqueiros.
-
Previr o deterioro dos ecosistemas mariños e intermareais asociados ao marisqueo.
-
Mellorar as condicións ambientais e produtivas dos bancos marisqueiros.
-
Implicar activamente ás persoas mariscadoras na protección do medio mariño.
-
Contribuír á redución da contaminación mariña e ao cumprimento dos obxectivos ambientais do FEMPA.