ASISTENCIA TÉCNICA PARA A XESTIÓN SUSTENTABLE DOS RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

Enviado por COFRADIA o Mar, 24/11/2026 - 17:25
PE209P-2026-00055

Ao abeiro da ORDE do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable (código de procedemento PE209P), á Confraría de Pescadores de Corcubión concedeuselle a axuda para o proxecto colectivo "ASISTENCIA TÉCNICA PARA A XESTIÓN SUSTENTABLE DOS RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".

 

Prazo de execución do proxecto: desde o 1 de xullo de 2026 ata o 30 de xuño de 2027.

 

O presente proxecto ten por finalidade reforzar a capacidade técnica da Confraría de Pescadores de Corcubión mediante a contratación dunha asistencia técnica especializada que permita mellorar a xestión sustentable da actividade marisqueira e dos recursos biolóxicos mariños do seu ámbito territorial, así como o seguimento e conservación dos ecosistemas mariños asociados.


A asistencia técnica permitirá apoiar e asesorar á entidade na planificación, seguimento e avaliación das medidas de xestión dos recursos biolóxicos mariños, contribuíndo ao desenvolvemento e aplicación dos plans de explotación, á análise da información técnica dispoñible e á adopción de medidas orientadas á conservación dos recursos e á sustentabilidade ambiental, económica e social da actividade marisqueira.


Os principais obxectivos do proxecto son:
1. Apoiar tecnicamente a xestión e o seguimento dos recursos biolóxicos mariños mediante criterios científicos e técnicos.
2. Mellorar o coñecemento sobre o estado dos recursos mariños e dos ecosistemas asociados, favorecendo a adopción de medidas de conservación, protección e recuperación cando resulte necesario.
3. Reforzar a capacidade de xestión da Confraría de Pescadores de Corcubión no desenvolvemento das súas funcións técnicas relacionadas coa planificación, seguimento e avaliación dos plans de xestión marisqueiros.
4. Favorecer a continuidade da actividade marisqueira como actividade tradicional sustentable, promovendo un aproveitamento responsable dos recursos biolóxicos mariños compatible coa conservación dos ecosistemas.


Ao remate da execución do proxecto espérase dispoñer dun maior apoio técnico para a toma de decisións da confraría, dunha mellora no seguimento dos recursos biolóxicos mariños e dunha información técnica máis completa que permita optimizar a xestión dos plans de explotación e reforzar a sustentabilidade da actividade marisqueira.