Artes menores

Artes menores

 

A UE define aos buques de pesca costeira artesanal como embarcacións pesqueiras cunha eslora total inferior a 12 metros e que non utilizan artes de arrastre.

Trátase do tramo de frota maioritario en canto a número de embarcacións e de gran importancia económica e social en Galicia. As principais artes que utilizan son redes de enmalle (miños, betas, trasmallos, etc.), artes de anzol (palangrillo, liñas, etc.) e nasas.

Captúranse todo tipo de peixes, principalmente no interior das rías e zona litoral, como pescada, faneca, xurelo, xarda, robaliza, sargo, dourada, salmonete, etc. Tamén son moi importantes as capturas de crustáceos, como centola, nécora, camarón, etc. e de cefalópodos como choco, lura e polbo.