Noticias
Innovar nos procesos de comercialización mellorando o sistema de rastrexabilidade
dos produtos e a cadea de valor co uso de novas tecnoloxías. Promover o consumo
dos produtos do marisqueo e por en valor o marisqueo como oficio tradicional coas
campañas de difusión. Fomentar o aproveitamento sostible do patrimonio
medioambiental na zona local , accións que promovan a mitigación do cambio
climático. Posta en valor dos produtos que comercializa a Confraría de Pescadores
San Martín de Moaña. Loitar contra o reto demográfico na localidade coa
promoción do emprego no marisqueo ao por en valor súa actividade e modernizar
actividade comercial resultando máis atractivo para o relevo xeracional no sector.
Mellorar o proceso de comercialización do produto introducindo novas tecnoloxías
móbiles e que favorecen a diminución da pega de carbono. Mellorar as
competencias do sector co aumento da súa rendibilidade.