Comercialización
Comercialización
O perfil da Confraría de Pescadores de Pontedeume evolucionou igual que o mundo da pesca e o marisqueo ó longo dos últimos anos, dotando aos seus membros dun maior carácter de profesionalidade na actividade pesqueira e marisqueira.
A entrada de España na Comunidade Económica Europea contribuíu sen dúbida a dotar dun modelo más profesional as confrarías de pescadores, converténdoas en pequenas e medianas empresas que ademáis do seu carácter de consulta e colaboración coas Administracións Públicas engadiron aspectos como a comercalización dos productos pesqueiros e a prestación de sevizos profesionais aos sus asociados.
Durante estes últimos anos estivemos desenvolvendo varios proxectos de rexeneración dos bancos marisqueiros para tratar de recuperar zonas improdutivas e ampliar espazos de traballo para o colectivo de mariscadores.
Todos estes proxectos están sendo subvencionados pola Conselleria do Mar a través de fondos europeos para a pesca.
O sector pesqueiro manten a súa importancia dentro da confraría xa que as embarcacións de cerco manteñen o seu número. Tamen existe un pequeño grupo de embarcacións que se dedican ás artes menores.
Actualmente a actividade marisqueira é o motor da Confraría de Pontedeume contando con un total de 51 socios.