Proyectos

ACTUALIZACIÓN DA FORMACIÓN SANITARIA ESPECÍFICA INICIAL , HORARIO DO CURSO , INFORMACIÓN IMPORTANTE INTERESADOS

Celebración do curso de reciclaxe de formación sanitaria nas instalacións de SEFORGASA. Consiste nunha única xornada de 8 horas. A titulación mínima imprescindible é PATRÓN LOCAL DE PESCA.

CARTEL INFORMATIVO CURSO MARIÑEIRO PESCADOR , HORARIO MARIÑEIRO PESCADOR

INFORMACIÓN SOBRE O CURSO DE MARIÑEIRO PESCADOR

Prazo de inscrición: dende o 10-03-2026 ate o próximo 20-03-2026.

Lugar de inscrición: Oficinas da Confraría en horario de 8.00h a 15.00h.

Documentación:

  •     Copia do DNI en vigor.

  •     Solicitude.

  •     Poder de representación da Confraría.

Prazo de formalización de matrícula: dende o 23-03-2026 ao 30-03-2026 previo abono da taxa administrativa.

IMPORTANTE:

  • O curso é totalmente gratuíto agás a taxa de 19,37€ en concepto de "proba de aptitude para a obtención do certificado de mariñeiro pescador".

  • As persoas inscritas declaran ter coñecementos en lecto-escritura en galego ou castelán para facer o exame.

  • As persoas admitidas no curso deberán superar a proba de natación obrigatoria declarando que posúen as condicións físicas óptimas (saber nadar un largo de piscina). Durante a proba é obrigatorio o uso de gorro e chanclas.

     

LOCALIZACIÓN DAS AULAS

PISCINA MUNICIPAL: https://maps.app.goo.gl/FiRx7UKM2KB5ffFY9

AULA CLASES: https://maps.app.goo.gl/AsMdSHQC9cesPCtf9

AULA EXAME: https://maps.app.goo.gl/CxjbKsLPFjVHcNwp7

CURSO CONDUCCIÓN SEGURA DE EQUIPOS DE MANUTENCIÓN , HORARIO CARRETILLEIRO

INFORMACIÓN SOBRE O CURSO DE “CONDUCCIÓN SEGURA DE EQUIPOS DE MANUTENCIÓN” (CARRETILLEIRO):

O prazo de inscrición é dende o 06-05-2025 ate o próximo 16-05-2025.

Documentación necesaria para a inscripción:

  •      DNI en vigor

  •      Tarxeta profesional do mar

IMPORTANTE:

  • O curso é totalmente gratuíto, soamente é imprescindible acreditar vinculación co sector marítimo.

  • Teñen prioridade de acceso ao curso os/as socios/as da entidade.

  • No caso de haber máis persoas inscritas que prazas ofertadas, procederase a realizar sorteo mediante aplicación informática.