Órganos de goberno
Órganos de goberno
Son órganos reitores da Confraría: a Xunta Xeral, o Cabildo e o Patrón Maior.
A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno e decisión da Confraría, na que están representados todos os profesionais do sector afiliados. Actúa como órgano de control e fiscalización dos restantes órganos reitores da Confraría.
O Cabildo é o órgano de goberno, xestión e administración da Confraría. Está formado polo Patrón Maior, o Secretario e os vogais, dos cales dous serán obrigatoriamente os vicepatrones 1º e 2º.
O Patrón Maior é o representante da Confraría. Preside a Xunta Xeral e o Cabildo. Será elixido pola Xunta Xeral de entre os seus membros.
As eleccións para a constitución ou renovación dos órganos da Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son realízanse cada catro anos e réxense polo establecido no DECRETO 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, así como polos Estatutos da propia Confraría.
Nas últimas eleccións resultou elixida a seguinte directiva:
- Patrón Mayor: Emilio Queiruga Santamaría
- Vice Patrón: Manuel Lorenzo Queiruga
- Vice Patrón Segundo: Fernando Queiruga Sampedro
- Secretario: Jesús Ramón Longueira Suarez
- Xunta Xeral: Emilio Queiruga Santamaría, Manuel Lorenzo Queiruga, Antonio y Fernado Queiruga Sampedro CB (Fernando Queiruga Sampedro) , Jesús Manuel Cervera Mendoza
- Vocales: Jesús Manuel Cervera Mendoza, Manuel Ramón Rodríguez Maneiro, Agustín Chouza Domínguez, Juan Carlos Santos Queiruga, Juan Torres González, Juan Ramón Torres Romero,Jorge Torres Torres, Luis Miguel Carballo Blanco, Juan Manuel Maneiro Quintáns, Juan Manuel Martinez Olveira