A Confraría de Pescadores "San Juan" de Redondela é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estructura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores de Redondela ten unha fonda tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Na actualidade, agrupa embarcacións e profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas da Enseada de San Simon (Rede Natura 2000) e caladoiro cantábrico e noroeste, con artes e métodos artesanais para a extracción de cefalópodos, peixes e mariscos.
As empresas e traballadores asociados descargan as súas capturas e realizan a primeira venda na lonxa de Cesantes e nas lonxas do porto de Vigo.
Horarios da lonxa:
- Venta directa de 16:00 - 17:00
- Subasta de 18:00-19:00
Horario da confraría:
- De 08:00 - 14:30