A Confraría de Redondela encárgase da primeira venda e distribución dos produtos do mar extraídos polos seus asociados mediante poxa en lonxa ou ben directamente a empresas intermediarias, tanto maioristas como minoristas, mediante acordos de venda e venda directa a particulares.
Os produtos comercializados a través da Confraría son garantía de pesca artesanal, sustentable e responsable co medio ambiente, de orixe galega e coa máxima calidade e frescura.Os principais puntos de venda son a Lonxa de marisco no porto de Vigo e a Lonxa de cesantes.
Tódolos productos comercializados pola Confradía de Redondela encontranse certificados pola marca de calidade PESCADERÍAS,PESCAENVERDE E CHOCO DE REDONDELA. A marca pescadeRías ¿de onde se non? é un selo de identidade para á promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal, que garante a frescura e procedencia de Galicia.
A súa vez Pescaenverde é unha ecoetiqueta que aporta información o consumidor sobre o baixo impacto que estos productos pesqueros teñen sobre o medioambente, o mismo tempo que aporta valor engadido os productos que incorporan a marca favorecendo a sua venta nún mercado global.
A Lonxa de Cesantes está certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? para a comercialización de bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixe. Seu producto estrela é o choco.
A Confraría de Pescadores de Redondela tamen está certificada como Distribuidor para cefalópodos (choco) e Bivalvos (vieira), productos que comercializan conxelados e eviscerados no caso da vieira. Estes procesos de transformación son realizados por empresas externas tamen certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?.