Proxectos

O folleto informativo elaborado no proxecto Recollida de lixo mariño Vilaboa 2022 contén información sobre a problemática do lixo mariño, tipoloxía de residuos, a súa orixe, impactos, pautas e boas prácticas para reducir a chegada de lixo ao mar por parte do sector e da cidadanía en xeral.

Para visualizalo en formato CANVA aquí

No marco do proxecto RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023, a Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira e as mariscadoras retoman as tarefas de limpeza iniciadas no ano 2022 co obxectivo de recuperar os areais e concienciar a toda a poboación da importancia do coidado do medio ambiente mariño.

A primeira limpeza terá lugar o vindeiro 04 de agosto a partires das 10:30h e todas as persoas que participan nesta actividade reuniranse en Cobas.

Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar

Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.

 

A Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira de Vilaboa é beneficiaria das axudas establecidas na Orde do 01 de decembro de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.

 

Iniciativa enmarcada no Plan MarLimpo- Mar Vivo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

 

Pódense consultar as características da axuda na imaxe axunta.

Proxecto para a restauración de hábitats localizados en bancos marisqueiros intermareais. O obxecto é mellorar as condicións físico-químicas do sedimento a través dunha remoción do substrato, para contrarrestar procesos de enfangamento, ademáis dunha posterior repoboación con cría de ameixa babosa. A finalidade é facilitar a fixación larvaria e incrementar a biodiversidade.

Proxecto de recuperación de hábitats, localizados nos bancos marisqeuiros intermareais. O obxecto é mellorar as condicións físico-químicas do sedimento a través dun aporte de áridos de granulometría máis grosa que a existente, para contrarrestar procesos de enfangamento. A finalidade é facilitar a fixación larvaria e incrementar a biodiversidade grazas á mellora da granulometría do sedimento

Investimentos para equipamento informático, material de oficiña, edificación desmontable, material de lonxa e obras de mantemento, co obxecto de mellorar os servizos prestados ós socios desta entidade, contribuíndo ó incremento da competitividade do sector pesqueiro e marisqueiro.

Proxecto de recuperación de hábitats, localizados nos bancos marisqeuiros intermareais, co obxecto de mellorar as condicións físico-químicas do sedimento a través dun aporte de áridos de granulometría máis grosa que a existente, para contrarrestar procesos de enfangamento. A finalidade é facilitar a fixación larvaria e incrementar a biodiversidade grazas á mellora da granulometría do sedimento.