Proxectos

O proxecto ten como finalidade preservar a biodiversidade dos hábitats mariños, a través de actuacións que reducen os procesos de degradación do medio, A medida levada a cabo contribúe á modernización do sistema de recollida de algas, incorporando unha maquinaria innovadora, adaptada ó traballo no medio intermareal.

Este investimento consta dun carro varadoiro sobre rodas,con cabrestante para o seu emprego na ramplas de varada situada no peirao de Santa Cristina de Cobres. O obxectivo é a mellora da seguridade e das condicións de traballo dos mariñeiros usuarios deste peirao, cun equipamento que contribúe a lograr unha actividade marisqueira máis sustentable e económicamente rendible.

 

Investimentos para equipos informáticos, material de oficiña, material de vixilancia e obras de mantemento de instalacións, co obxecto de mellorar os servizos prestados ós socios da entidade, incrementando a competitividade do sector pesqueiro e marisqueiro.

 

Proxecto de recuperación de hábitats, localizados nos bancos marisqeuiros intermareais, co obxecto de mellorar as condicións físico-químicas do sedimento a través dun aporte de áridos de granulometría máis grosa que a existente, para contrarrestar procesos de enfangamento. A finalidade é facilitar a fixación larvaria e incrementar a biodiversidade grazas á mellora da granulometría do sedimento. 

 

 

Proxecto para a mellora do actual sistema de xestión das algas retiradas dos bancos marisqueiros, mediante a incorporación no proceso de compostaxe de novos materiais vexetais que poidan mellorar a calidade agronómica do compost obtido. Conseguindo un compost final de maior calidade, permitindo diversificar as tarefas do sector marisqueiro, facendo máis sustentable a súa actividade.

Sementeira de bancos marisqueiros con perda de produción, co obxecto de contribuir  á mellora da xestión, asegurando así o desenvolvemento sustentable dos recursos mariños.

BENEFICIARIO

 CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILABOA PEDRA DA OLIVEIRA

DESCRICIÓN

XESTIÓN, SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E CONSERVACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS DO LITORAL DE VILABOA

OBXECTIVO

PROTECCIÓN E CONTROL DOS BANCOS MARISQUEIROS XESTIONADOS POLA CONFRARÍA DE VILABOA, ADEMAIS DE CONTRIBUÍR A UNHA EXPLOTACIÓN SOSTIBLE, RESPONSABLE, EQUILIBRADA E COMPETITIVA.

IMPORTE TOTAL DO INVESTIMENTO:  41.042,78 EUROS

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020

Proxecto cofinanciado polo FEMP nun 75% e pola C.Autónoma nun 25%

 

 

PROXECTO: PE209C-2019F-048                             XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS HÁBITATS COSTEIROS. VILABOA 2019-2020 
 
ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILABOA PEDRA DA OLIVEIRA. 
 
IMPORTE TOTAL CONCEDIDO: 40.625,28 € 

PROGRAMA OPERATIVO FEMP  2014 - 2020

 

PROXECTO COFINANCIADO POLO FEMP NUN 75 %

PROXECTO COFINANCIADO POLA  CA  NUN 25 %

BENEFICIARIO

 CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILABOA PEDRA DA OLIVEIRA

DESCRICIÓN

XESTIÓN, SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E CONSERVACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS DO LITORAL DE VILABOA

OBXECTIVO

PROTECCIÓN E CONTROL DOS BANCOS MARISQUEIROS XESTIONADOS POLA CONFRARÍA DE VILABOA, ADEMAIS DE CONTRIBUÍR A UNHA EXPLOTACIÓN SOSTIBLE, RESPONSABLE, EQUILIBRADA E COMPETITIVA.

IMPORTE TOTAL DO INVESTIMENTO:  40.625,28 EUROS

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020

Proxecto cofinanciado polo FEMP nun 75% e pola C.Autónoma nun 25%