Noticias
Tras rematar coas xornadas de recollida de lixo, retirada de algas de arribazon, toca presentalos resultados do proxecto. Gracías aos Concellos de Soutomaior e VIlaboa pola súa colaboración desinteresada.
O vindeiro 28 de setembro, ás 17 h no local da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, sito no peirao de Arcade, terá lugar a xornada de presentación dos resultados do proxecto Fóra lixo, fóra arribazóns, por parte de Rita Pesqueira da empresa Ardora Formación SCG. Entrada libre ata completar o aforo.
O 16 de setembro tivo lugar no salón de actos da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra a xornada formativa relativa ao proxecto Fora lixo fora arribazóns. A xornada estivo impartida por RIta Pesqueira da empresa Ardora Formación e Servizos e na mesma participaron mais de 20 persoas mariscadoras a pé da Confraría.
O día 16 de setembro, entre as 10 e 12 h no salón da Federación Provincial de Confrarías Pontevedra, terá lugar a xornada formativa relativa ao proxecto Fora lixo fora arribazóns.
Durante varias xornadas repartidas nos meses de xuño e xullo as mariscadoras a pé da Confraría retiraron algas de arribazon da praia de Paredes, principalmente ulva e enteromorpha. As algas almacenadas son retiradas definitivamente polo Concello de Vilaboa que colabora de xeito altruista co proxecto.
A Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" de Arcade acaban de asinar un convenio dotado con 342.945,46 euros, cofinanciados polo FEMPA, que inclue a realización de tarefas de restauración de hábitats, sementeiras, control e loita contra depredadores, accións de protección medioambiental dentro da Rede Natura 2000, vixilancias… cun área de actuación que comprende dende a caseta do Ceboleiro ata a pedra dos Caralletes na que se situan os bancos marisqueiros intermareais asociados ao Plan de coxestión de marisqueo a pé da entidade.
O venres 3 de xullo, ás 10 h na Aula do Mar da Confraría de Arcade, terá lugar a Xornada de difusión dos resultados do proxecto Xestionando o marisqueo.
Onte as persoas mariscadoras a pé da Confraría comezaron coas actividades do Plan de restauración para o período comprendido entre xuño de 2026 e maio de 2027. A tarefa realizada nesta primeira xornada do Plan foi a retirada de restos orgánicos e inorgánicos da praia e punta Muxeira. Na mesma participaron 23 persoas entre as horas que o permitiu a marea: 9:30 a 12:30.
O pasado venres 21 de novembro, dentro da campaña de sensibilización para os profesionais do mar da Deputación de Pontevedar, a Confraría de Pescadores de Arcade amosou os resultados do proxecto Sen Lixo. Confraría de Arcade contra o lixo mariño. Xuntase programa da xornada.