Proyectos
,
Ben de rematar o proxecto Fora lixo fora arribazons, mediante o cal as persoas mariscadoras a pé da Confraría realizaron 8 xornadas de recollida de lixo e retirada da algas entre os meses de xullo e setembro. O lixo acumulado foi finalmente retirado polo Concello de Soutomaior, e as algas retiradas definitivamente polo Concello de Vilaboa. Compre indicar que ambas entidades colaboraron de xeito altruista.
O proxecto contaba tamén cunha xornada formativa que tivo lugar o 16 de setembro, e cunha xornada de presentación de resultados que tivo lugar o pasado 28 de setembro. Ambas xornadas, impartadas pola empresa Ardora Formación S.C.G., se realizaron na Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, que tamén cedeu desinteresadamente esa instalación. Na xornada de presentación de resultados contamos coa inestimable presenza da Directora Xeral.
O proxecto foi cofinanciado polo FEMPA
,
O obxectivo do proxecto e recuperar a poboación de ameixa xaponesa no intermareal de Arcade. Para elo sementaronse, con protección mais de 800.000 unidades de talla comprendida entre 15-18 mm
O pasado 2025 a Deputación de Pontevedra concedeulle axudas á Confraría de Pescadores de Arcade para gasto corrente por un importe de 8.410,00 euros. Esta cantidade, que representa aproximadamente o 22% das nóminas do persoal administrativo e de lonxa da entidade dende o mes de maio a decembro, é vital para o mantemento de emprego nun momento crítico para o sector, especialmente para as entidades de fondo de ría como a Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Arcade.
,
Resulta obvio que para que a pesca artesanal como profesión se manteña nun futuro as actividades pesqueiras deben realizarse de xeito sustentable. Tamén resulta evidente, dada a situación actual de escaseza, que se debe tratar de recuperar os recursos biolóxicos acuáticos así como fomentar a súa conservación mediante unha pesca sustentable. Tendo en conta o anterior, e dado que as entidades asociativas do sector pesqueiros son co partícipes da xestión realizada na pesca costeira artesanal, parece preciso que as Confrarías conten con persoal técnico que lles asesore na elaboración e seguimento dos plans e medidas de xestión, fortalecendo o control e recollida de datos, realizando sensibilización ambiental no ámbito da sustentabilidade, e formando ao sector pesqueiro e marisqueiro. Así, o obxectivo principal do proxecto XESTIONANDO O MARISQUEO é axudar á dirección da Confraría de Pescadores de Arcade a realizar unha xestión responsable e sostible dos recursos que explotan os seus asociados nos plans de xestión nos que participa a entidade.
,
Os pasados días 9 e 10 de outubro remataron as accións relativas ao proxecto Mellora da produtividade no intermareal de Arcade que consistiu no arado mediante embarcación dunha parte do banco de Area Nova (VI-169) e a sementeira na mesma de xuvenís procedentes de criadeiro para incrementar a densidade de ameixa xaponesa na zona.
,
O pasado día 17 de outubro tivo lugar a presentación da Aula do Mar da Confraría de Pescadores de Arcade. Agradecemos a asistencia á Conselleira do Mar, ao Presidente da Diputación, ao alcalde de Soutomaior e ao Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra. Xuntase nun arquivo a charla de presentación que inclue os obxectivos, actividades e financiación do proxecto. En breve comenzarán actividades ligadas a este aula e abertas ao público en xeral que iremos anunciando tanto na web como en distintos puntos do Concello
O pasado 2024 a Deputación de Pontevedra concedeulle axudas á Confraría de Pescadores de Arcade tanto para investimentos (Material para vixilancia: Radio VHF portátil para a embarcación Arcade Tres 5ª VI-5-3-23, e cámaras de vixilancia na sala das anguías) por un valor de 611,39 euros, como para gasto corrente (Gastos de persoal) por un importe de 7.683,64 euros.
No ano 2020 a Confraría de Arcade instalara na súa lonxa un equipo fotovoltaico para autoconsumo consistente en 46 paneis solares (proxecto ARCASOL: PE209G 2020/46). Nembargante ese proxecto non incluía un sistema de acumulación. Grazas a esa instalación fotovoltaica acadouse un aforro da enerxía consumida na lonxa de mais do 40% no pasado 2023.
Con esta novo proxecto BATERIA COFRADIA ARCADE: PE209G 2024 00033 conseguese reducir o consumo nocturno de electricidade provinte de fonte contaminante e cambialo polo xerado pola instalación fotovoltaica ao longo de día e acumulado grazas á incorporación de baterías de autoconsumo, que acumulan a enerxía xerada durante o día e permiten empregala durante a noite.
O obxectivo principal do proxecto era incrementar o aforro enerxético mediante a incorporación dunha batería á instalación fotovoltaica existente. E os específicos o incremento da porcentaxe de enerxía empregada pola confraría procedente de fonte renovable, e o aforro na factura eléctrica.
O coste do proxecto foi de 26.983,00 euros. Grazas á axuda recibida polo FEMPA (70%) instalouse unha Batería de litio de 32 kWh de acumulación formada por 4 baterías de litio de 600V da marca SIGENERGY modelo SIGENSTOR BAT 8 de 8kWh de capacidade.