A Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" de Arcade acaban de asinar un convenio dotado con 342.945,46 euros, cofinanciados polo FEMPA, que inclue a realización de tarefas de restauración de hábitats, sementeiras, control e loita contra depredadores, accións de protección medioambiental dentro da Rede Natura 2000, vixilancias… cun área de actuación que comprende dende a caseta do Ceboleiro ata a pedra dos Caralletes na que se situan os bancos marisqueiros intermareais asociados ao Plan de coxestión de marisqueo a pé da entidade.