Listado de proyectos
Proyectos
Proxectos
Diputación Pontevedra 2022
2 Marzo 2023
El pasado 2022 la Diputación de Pontevedra concedió una ayuda a la Cofradía de Arcade para material de vigilancia y gastos en mejoras de los servicios por valor de 27.440,21 euros. Las inversiones realizadas se centraron en: Vigilancia de las producciones: Construcción de la embarcación de vigilancia. Mejora de la comercialización: Aplicativo de etiquetado. Mejora de los servicios prestados: Adquisición de mobiliario de oficinas; Sustitución del cuadro de alimentación eléctrica; Cargador y arrancador de batería; bombas de agua salada para las piscinas de las anguilas.
ADAPTA PE209G 2022/37
30 Novembro 2022
A lonxa de Arcade é o edificio onde os socios da Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Arcade desenvolven a súa actividade comercial. Na mesma ten lugar unha parte moi importante das tarefas de comercialización dos produtos capturados polas persoas pescadoras e mariscadoras socias da entidade. Tratase dunha construción que leva construída dende hai décadas na que foi preciso realizar as operacións de mantemento que se enumeran a continuación: Acondicionamento das paredes, tanto interiores como exteriores: limpeza, saneamento das gretas e dos escorchóns que se atopen, e pintado. Mellora das carpinterías e vidros: reparando ou cambiando as portas e fiestras corredoras e saneando e pintando as rexas. Adaptación dos chans. Actuacións sobre a zona do portalón: tanto na rampa, que debido á elevada pendente complica as operacións a realizar co carretillo, como sobre a guía sobre a que se despraza o mesmo. Actuacións sobre as piscinas de estabulación de anguías.
REMOLQUE (PE209G 2022/36)
22 Novembro 2022
Os socios da confraría de Arcade representan unha flota superior ás 70 embarcacións, planeadoras ata 6.5 m. de eslora, que se empregan tanto no marisqueo dende embarcación como noutras modalidades de pesca artesanal como a pesca con trasmallo, pesca de anguía... As súas embarcacións precisan da realización de operacións de mantemento e revisións periódicas, de xeito que teñen que sacalas da auga, a través da rampa que está sita no peirao de Arcade, e para elo precisan dun remolque que faga as funcións de carro varadero; de xeito que o proxecto consistiu na adquisición e posta a disposición dos socios da entidade dun remolque que lles permite reducir o tempo de espera para a varada e por tanto lles facilita as súas condicións de traballo. Para a súa adquisición contaron cunha axuda de 4.650 euros dos que o 75% procedían do FEMP, da que se da información no taboleiro de anuncios da entidade.
AXUDAS DEPUTACION PONTEVEDRA 2021
21 Marzo 2022
Ao abeiro da orde de axudas da Deputación de Pontevedra, a Confraría de Pescadores de Arcade durante o ano 2021 realizou as seguintes inversións para adquisición de equipamento de lonxa e material de vixilancia: hidrolimpiadora, boias, cadeas, flotadores e cabos para delimitación das zonas facilitando a vixilancia, un motor para a embarcación da confraría, calibre dixital e sensores de salinidade e temperatura, unha plataforma flotante, e equipamento de oficina tal como sillas, monitores de ordenador, e destuctora de papel. A inversión realizada foi de 15.865,31 euros, e a axuda concedida pola Deputación de 12.508,85.
MELLORA DA COMERCIALIZACION DA ANGUIA PROCEDENTE DA PESCA ARTESA
10 Decembro 2021
A Confraría de Pescadores VIrxe do Carmen de Arcade é a mais relevante en Galicia en canto á venta de anguias. A tempada de extracción comprende dende febreiro a outubro, e antes da sua posta en venta a anguia permanece estabulada unhas horas ou quizas un par de xornadas nunhas piscinas que se atopan na lonxa de Arcade. A temperatura da auga nas mesmas pode, sobre todo no verán, constituir un problema, de xeito que a Confraría presentou un proxecto ao GALP7 Ria de VIgo A Guarda para instalar un equipo circuito de agua pechada dotado dunha unidade frigorítfica. Este proxecto foi aprobado e recibiu unha axuda de 10.035 euros dos que o 85% (8.529,75) proceden do FEMP.
CAMARON DE ARCADE PE209N 2020/46
29 Novembro 2021
Dentro do sector de artes menores da Confraría de Pescadores de Arcade destaca o colectivo de pescadores de anguia con voitirón. Na pesquería desta especie se captura como accesoria o camarón. Co fin de mellorar o proceso de comercialización deste último, mantendo a calidade na medida en que facilita a súa conservación; incrementar os servizos prestados pola entidade aos socios, e reducir o traballo realizado polos mesmos, se instalou na lonxa unha cámara de conxelación que se financiou ao abeiro dunha orde de axudas da Consellería do Mar coa participación do FEMP
PROTECCION E RECUPERACION DA BIODIVERSIDADE MARIÑA EN ARCADE PE209C 2021F 027
16 Novembro 2021
O proxecto consiste na realización dunha serie de tarefas que contribúen á protección e recuperación da biodiversidade mariña no ámbito territorial da Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Arcade. O obxectivo principal é a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros, e para acadalo é preciso realizar tarefas que, dependendo da súa natureza, deben ser efectuadas ben por un técnico especializado na xestión de recursos mariños, ben por gardapescas:
- Seguimento dos recursos mariños vivos nas zonas de producción.
- Formación profesional e permanente do persoal e asociados da entidade e aumento de sensibilidade ambiental.
- Actividades de vixilancia dos bancos marisqueiros e da súa explotación.
- Contar cunha avaliación do estado de conservación e biodiversidade da zona.
- Coxestionar, xunto cos técnicos da Consellería do Mar, os recursos mariños en base á información obtiva, procurando que a explotación realizada sexa responsable e sustentable.
- Incrementar o coñecemento da Directiva Marco de Estratexia Mariña
- Controlar o acceso ás zonas de pesca.
- Controlar as capturas nas zonas de pesca e puntos de desembarque.
Restauración do banco marisqueiro intermareal Rio do Medio
11 Novembro 2021
Unha das etapas mais críticas da vida dos invertebrados bentónicos é o asentamento. Esa etapa pode non realizarse de non encontrarse o substrato axeitado. No intermareal de Arcade existen moitas zonas susceptibles de mellora nas que se podería incrementar a fixación. A actuación normalmente empregada para acadar ese fin é a remoción do substrato, pero experiencias previas indican que esta acción, ao menos realizada soamente unha vez, non resulta suficiente. O proxecto consiste na realización de 24 roturados nunha zona do banco marisqueiro intermareal de Rio do Medio (VI-186) para descompactar e modificar as características granulométricas do sedimento e analizar a viabilidade da actividade de enmenda do susbtrato como medida axeitada para recuperación de zonas. Para elo se tomaran mostras de sedimento cada 4 roturados e se realizara unha mostraxe na primavera do 2022 para comprobar se a fixación na zona roturada é superior á da zona limítrofe. Para a realización deste proxecto a Confraría conta cunha axuda do FEMP que financia a contratación dun patrón para a embarcación dende a que se realizan os roturados.
PE209N 2020 42 ARCADE CONTRA O COVID
4 Novembro 2021
A lonxa de Arcade é o lugar no que desenvolven diariamente o seu traballo os mais de 230 socios: pescadores artesanais e mariscadores da Confraría de pescadores de Arcade. Para poder atender as necesidades dos mesmos así como as dos compradores e as das persoas que acuden ás oficinas garantindo ao mesmo tempo a protección fronte ao COVID foi preciso adquirir medios de protección tales como: mamparas na ventana de atención ao público, un purificador de aire, dispensadores de pedal de xel hidroalcohólico, pantallas faciales de protección dos traballadores.... para o que a Confraría contou coa axuda financiera do FEMP e da Consellería do Mar.
PE209H 2021 019 MELLORA PRODUTIVIDADE EN ARCADE
27 Outubro 2021
Ao longo da segunda quincena do mes de outubro remataronse as activades relativas a este proxecto, que consistíu na restauración da poboación de ameixa xaponesa en dúas zonas da Enseada de San Simón: parte do banco intermareal de Río Alvedosas (VI-172) e do sublitoral de Area Nova Puntal Río do Medio (VI-002). O acondicionamento do substrato realizouse mediante un rastro de vieira adaptado que contaba cun equipamento que permitía a expulsión de auga a presión; e as labores de sementeira de xuvenís de ameixa e realizaron nas xornadas do 20 de outubro (intermareal) e 22 de outubro (sublitoral). Antes de cada sementeira realizouse un control sobre os lotes de ameixa recibidos para verificar o estado da semente, número de unidades e tallas. Este proxecto foi realizado ao abeiro dunha orde de axudas da Consellería do Mar acorde ao cartel que se xunta.
MODERNIZACION SALA ANGUIAS
29 Septembro 2021
Unha das especies mais relevantes para os socios da Confraría é a anguila, de feito a Confraría de Arcade é a mais importante de Galicia en cando ás vendas desta especie. Con este proxecto, consistente na instalación da sala de estabulación das anguías dunha unidade de xestión de pesaxe que permite realizar unha captura autómatica de cada pesada e que conta cun sofware de control de identificación, pesaxe e etiquetado que integra a nivel operativo esas tarefas coa aplicación de xestión da Confraría, conseguese eliminar tarefas repetitivas, reducense erros e se moderniza o proceso de comercialización.
PE209C 2020/050 PROTECCION E RECUPERACION DA BIODIVERSIDADE MARIÑA DA CONFRARIA DE PESCADORES DE ARCADE
14 Xullo 2021
O proxecto ten como obxectivo a xestión responsable dos recursos e hábitats costeiros e o fomento da sensibilización ambiental. Xuntase documentacion informativa da axuda coa avaliación final
AXUDAS DEPUTACION PONTEVEDRA 2020
17 Marzo 2021
Ao abeiro das axudas da Deputación de Pontevedra para confraría de pescadoras e pescadores e agrupación de mariscadoras da provincia, a Confraría de Arcade adquiriu un vehículo isotermo para o traslado das capturas ata a lonxa de Vigo e instalou nos pantaláns un sistema de acceso mediante tarxeta que rexistra as horas as que se accede ao mesmo para facilitar as labores de vixilancia dos bancos marisqueiros. A inversión realizada foi de 33.580,90 euros e o importe da axuda concedida de 26.864,72.
PROXECTO PE209G 2020/32 XEAR
21 Decembro 2020
A confraría comenzou no 2020 coa comercialización directa na lonxa de Arcade. Dado que o pescado fresco é un alimento perecedero que se deteriora con gran rapidez era preciso contar cunha forma de enfríamento. A mais común é o uso de xeo, por ser inócuo e xeralmente barato e porque pode manter unha temperatura constante. Mediante este proxecto se instalou na lonxa de Arcade unha máquina de fabrica de xeo en escama que permite aos pescadores artesanais da confraría contar con suministro de xeo.
PROXECTO PE209G 2020/44 MELLORA DAS INSTALACIONS DE FRIO
21 Decembro 2020
O proxecto se localiza na lonxa de Arcade por ser o punto de recollida das capturas dos pescadores artesanais da Confraría de Arcade, e a necesidade que pretende cubrir é a de contar con equipos que cumpran coa lexislación vixente e que melloren a eficiencia enerxética das cámaras de frio. Gracias ao mesmo se instalaron equipos monoblock tanto na cámara de conxelados como na de fresco.
Proxecto PE209G 2020 46 ARCASOL
17 Decembro 2020
Acorde ás propostas da UE acerca da necesidade de reducir progresivamente as emisións de CO2 e outros gases contaminantes, para o que as enerxías renovables, especialmente a solar, xogan un papel moi importante, o proxecto ARCASOL pretende sustituir as fontes de enerxía contaminantes por unha renovable, aforrar na fáctura eléctrica da confraría, e implantar unha enerxía renovable no local da lonxa de Arcade. A proxecto, que contemplaba duas anualidades, ben de ser rematado e nestes intres as placas xa estan en funcionamento.
Proxecto PE209B 2020 11. Restauración da poboación de ameixa fina
11 Decembro 2020
O proxecto ten como obxectivo a restauración e conservación da poboación da ameixa fina na Ensenada de San Simón.
Axudas para investimentos da Deputación 2018
26 Novembro 2020
Ao abeiro da orde de axudas da Deputación de Pontevedra para investimentos que melloren os servizos aos seus socios, no 2018 a Confraría realizou as seguintes inversións: Adquisición e instalación de bombas de agua para as piscinas das anguías, adquisición dunha etiquetadora para a identificación e clasificación das ventas de camarón, instalación dun sistema de cámaras de seguridade, adquisición de sacos, salabardos, capachos… para tratamento, almacenaxe e transporte previo á venta das ameixas e anguías, adquisición dun remolque homologado para 1.300 kg.
Reducargas
26 Novembro 2020
O proxecto persegue a mellora das condicións de traballo e seguridade dos mariscadores na lonxa de Arcade mediante a adquisición dun carretillo elevador e dun empillador eléctrico. As necesidades principais que se pretenden cubrir son as de reducir o esforzo físico, dolor, lesións e baixas dos mariscadores. Grazas á adquisición destes equipamentos a carga manual diaria de preto de 1000 quilogramos de marisco nun vehículo isotermo para o seu traslado ata a lonxa de venta en Vigo, que ten lugar en mais de 200 xornadas ao ano, se realiza agora sen o emprego da forza física dos mariscadores.
Control e rastrexabilidade da ameixa
26 Novembro 2020
O proxecto ten coma obxectivo o incremento do control e a rastrexabilidade dos productos da pesca mediante a automatización das operacións que forman parte do proceso de comercialización en primeira venta: clasificación dos produtos en función da talla, pexase dos lotes, etiquetado.... para o que se adquiriu unha calibradora de moluscos con plataformas de pesaxe, unha unidade de xestión e control do pesaxe e o software de control que integre a información no sistema de xestión da confraría.