Proyectos
,
Ao longo da segunda quincena do mes de outubro remataronse as activades relativas a este proxecto, que consistíu na restauración da poboación de ameixa xaponesa en dúas zonas da Enseada de San Simón: parte do banco intermareal de Río Alvedosas (VI-172) e do sublitoral de Area Nova Puntal Río do Medio (VI-002). O acondicionamento do substrato realizouse mediante un rastro de vieira adaptado que contaba cun equipamento que permitía a expulsión de auga a presión; e as labores de sementeira de xuvenís de ameixa e realizaron nas xornadas do 20 de outubro (intermareal) e 22 de outubro (sublitoral). Antes de cada sementeira realizouse un control sobre os lotes de ameixa recibidos para verificar o estado da semente, número de unidades e tallas. Este proxecto foi realizado ao abeiro dunha orde de axudas da Consellería do Mar acorde ao cartel que se xunta.
Unha das especies mais relevantes para os socios da Confraría é a anguila, de feito a Confraría de Arcade é a mais importante de Galicia en cando ás vendas desta especie. Con este proxecto, consistente na instalación da sala de estabulación das anguías dunha unidade de xestión de pesaxe que permite realizar unha captura autómatica de cada pesada e que conta cun sofware de control de identificación, pesaxe e etiquetado que integra a nivel operativo esas tarefas coa aplicación de xestión da Confraría, conseguese eliminar tarefas repetitivas, reducense erros e se moderniza o proceso de comercialización.
O proxecto ten como obxectivo a xestión responsable dos recursos e hábitats costeiros e o fomento da sensibilización ambiental. Xuntase documentacion informativa da axuda coa avaliación final
,
Ao abeiro das axudas da Deputación de Pontevedra para confraría de pescadoras e pescadores e agrupación de mariscadoras da provincia, a Confraría de Arcade adquiriu un vehículo isotermo para o traslado das capturas ata a lonxa de Vigo e instalou nos pantaláns un sistema de acceso mediante tarxeta que rexistra as horas as que se accede ao mesmo para facilitar as labores de vixilancia dos bancos marisqueiros. A inversión realizada foi de 33.580,90 euros e o importe da axuda concedida de 26.864,72.
A confraría comenzou no 2020 coa comercialización directa na lonxa de Arcade. Dado que o pescado fresco é un alimento perecedero que se deteriora con gran rapidez era preciso contar cunha forma de enfríamento. A mais común é o uso de xeo, por ser inócuo e xeralmente barato e porque pode manter unha temperatura constante. Mediante este proxecto se instalou na lonxa de Arcade unha máquina de fabrica de xeo en escama que permite aos pescadores artesanais da confraría contar con suministro de xeo.
O proxecto se localiza na lonxa de Arcade por ser o punto de recollida das capturas dos pescadores artesanais da Confraría de Arcade, e a necesidade que pretende cubrir é a de contar con equipos que cumpran coa lexislación vixente e que melloren a eficiencia enerxética das cámaras de frio. Gracias ao mesmo se instalaron equipos monoblock tanto na cámara de conxelados como na de fresco.
Acorde ás propostas da UE acerca da necesidade de reducir progresivamente as emisións de CO2 e outros gases contaminantes, para o que as enerxías renovables, especialmente a solar, xogan un papel moi importante, o proxecto ARCASOL pretende sustituir as fontes de enerxía contaminantes por unha renovable, aforrar na fáctura eléctrica da confraría, e implantar unha enerxía renovable no local da lonxa de Arcade. A proxecto, que contemplaba duas anualidades, ben de ser rematado e nestes intres as placas xa estan en funcionamento.
O proxecto ten como obxectivo a restauración e conservación da poboación da ameixa fina na Ensenada de San Simón.
O proxecto, que se xunta, consiste na monitorización, evolución espacial da densidade e seguimento dunha cohorte natural, da poboación de berberecho (Cerastoderma edule) no intermareal de Arcade. De xeito paralelo ao seguimento desa cohorte realizarase o seguimento en condicións controladas, mediante caixas fondeadas no intermareal, da evolución de xuvenís desta especie procedentes do mesmo recrutamento. Grazás ao material adquirido se pode continuar estudiando os recrutamentos anuais desta especie.
,
O proxecto, que consiste no arado mediante grades tiradas dende embarcación, de aproximadamente 10.000 m2 do banco marisqueiro subllitoral da Portela (VI- 177) ten coma obxectivo principal a Restauración da biodiversidade, e coma obxectivos específicos a Descompactación do substrato e o Incremento da fixación de bivalvos na zona. Ainda que a se acadou a descompactación, nas mostraxes de seguimento realizadas non se apreciou un incremento da fixación de bivalvos na zona.