Sobre nos

Sobre nos

 

A Confraría de Pescadores "Virgen del Carmen" de Arcade é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

A Confraría de Pescadores "Virgen del Carmen" de Arcade ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.

  Horarios da lonxa:

  • De 8:00 a 15:00.

  Horario da confraría:

  • De 8:00 a 15:00