Coa posta en marcha deste proxecto, a confraría de Bueu pretende mellorar os equipamentos do varadoiro, co fin de ofrecer un mellor servizo e garantir a seguridade nas operacións de varada das embarcación asociadas á Confraría de pescadores de Bueu e do resto de usuarios.
As actuacións levadas a cabo foron a adquisición de:
-
Un kit de varada para embarcacións de ata 40 toneladas homologados e con certificado CE galvanizado en quente.
-
Un kit de varada para embarcacións de ata 20 toneladas homologados e con certificado CE galvanizado en quente.
-
Tres kits de varada para embarcacións de ata 8 toneladas homologados e con certificado CE galvanizado en quente.
-
Kit de varada puntais altos, homologados e con certificado CE galvanizado en quente.
-
Dez banquetas de apoio quilla.
-
Catro andamios con escaleira de acceso.
-
Unha carretilla elevadora Bobcat B20X-7 Plus.