GOBPESC. Mellora da gobernanza na xestión pesqueira artesanal no ámbito do Parque Illas Atlánticas

Enviado por cofradia el Mié, 20/09/2023 - 12:09

DESENROLO

Principais obxectivos do proxecto: 

Fortalecer a pesca a pequena escala e empoderar na gobernanza das súas actividades pesqueiras aos pescadores tradicionais a través do traballo de elaboración dun documento de diagnose que recolla a dependencia socioeconómica das confrarías dos GALPs Ría de Arousa, Ría de Pontevedra, Ría de Vigo no ámbito das augas do P.N. Illas Atlánticas e as medidas de xestión pesqueira propostas por estas entidades.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

  • Estudo xeográfico das confrarías e análise das actividades pesqueiras.
  • Recompilada toda a información relativa ás actividades que se desenvolven no ámbito do P.N. Illas Atlánticas.
  • Información analizada: realidade e situación actual das actividades pesqueiras no ámbito do P.N. Illas Atlánticas.
  • Prantexada unha proposta de uso e xestión pesqueira no ámbito do P.N. Illas Atlánticas.
  • Divulgados os resultados obtidos da análise e da proposta resultante no ámbito do P.N. Illas Atlánticas.
  • Constituída unha “Mesa de Traballo” có Organismo Autónomo P.N. Illas Atlánticas.

Principais actividades do proxecto: 

  • Recompilación de información relativa ás actividades que se desenvolven no ámbito do PN Illas Atlánticas.
  • Análise da información obtida
  • Proposta de uso e xestión pesqueira no ámbito do PN Illas Atlánticas
  • Divulgación dos resultados obtidos da análise e da proposta
  • Mesa de traballo co Organismo Autónomo do PN Illas Atlánticas

 

PRAZO DE EXECUCIÓN

Prazo total (meses): 14

Anualidades: 2016 - 2017

Data fin de execución: 31/10/2017

Ámbito de aplicación:  Todos os concellos da Ría: Bueu, Marín, Pontevedra, Poio e Portonovo. Tamén afecta ao sector Pesqueiro que opera na ría de Arousa e na de Vigo.

 

INFORMACIÓN ECONÓMICA INICAL DO PROXECTO

Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable):  42.465,92

Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada):  35.095,80

Total axuda pública aprobada (€):  35.095,80

% Subvención:  100