Mellora nos servizos ofrecidos e na comercialización a través da lonxa de Bueu

Enviado por cofradia o Xov, 09/10/2025 - 11:34
Mellora nos servizos ofrecidos e na comercialización a través da lonxa de Bueu

A Confraría de Pescadores de Bueu vai a desenrolar o proxecto "Mellora nos servizos ofrecidos e na comercialización a través da lonxa de Bueu", proxecto aprobado ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo aprobada polo grupo de acción local do sector pesqueiro da Ría de Pontevedra (Galp Ría de Pontevedra) e financiado polo #FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, Pesca y de Acuicultura) e a Consellería do Mar (Xunta de Galicia) entre abril de 2025 e decembro de 2027. 

O obxectivo é renovar as instalacións de estabulación do marisco para incluir criterios de eficiencia enerxética e dos recursos e medidas complementarias para a súa posta en marcha.