Proxectos

Emprendimiento 24

Esta entidade está a desenrolar o proxecto EMPRENDIMIENTO 24, que pertence ó programa PLAN SOCIAL ENCE 202, financiado ENCE.

O obxectivo desta axuda é o emprendemento e innovación de cara a mellorar as instalacións da confraría de Bueu. Para unha xestión máis eficiente dos recursos naturais que esta confraría explota no entorno da Ría de Pontevedra. #enceplansocialpontevedra

Hidrolimpiadora

OBXECTIVO XERAL 

O obxectivo do proxecto é dotar á lonxa de Bueu dun espazo específico para o lavado das caixas empregadas nos procesos, e a maquinaría específica para elo.

OBXECTVOS ESPECÍFICOS 

        Dotar á lonxa dun espazo destinado para a limpeza de caixas, con soportes de aceiro para facilitar a limpeza.

        Adquisición dunha hidrolimpiadora estacionaria de alta presión para o lavado de caixas.

CONTRIBUCIÓN

A posta en marcha deste espazo de lavado beneficia directamente a tódolos usuarios e empregados da lonxa, xa que facilita e mellora a tarefa de limpeza de caixas, reducíndose así as posibilidades de contaminación cruzada por unha mal limpeza das mesmas.

EnerClas

A Confraría de Bueu promove o proxecto EnerClas ten como finalidade mellorar os servizos ofertados a través da lonxa de Bueu. Este proxecto vai a consistir en diversas actuacións nas instalacións da lonxa coa finalidade de adaptala ás novas necesidades sociais.

A finalidade do proxecto é a instalación de unha máquina de clasificado de polbo cos compoñentes necesarios para o seu funcionamento, como son o programe informático e paneis fotovoltaicos para a subministro da enerxía precisa para o seu funcionamento. Así mesmo, con este proxecto tamén se vai a lograr unha lonxa accesible, grazas á instalación de paneis que favorecen a accesibilidade cognitiva e a elaboración de vídeos explicativos. 

O proxecto foi aprobado polo GALP Ría de Pontevedra, e está cofinanciado polo FEMPA.

Total subvencionado   141.636,72€

       70% FEMPA   99.145,70€

       30% Comunidade Autónoma    42.491,02€

Esta entidade está a desenrolar o proxecto EMPRENDIMIENTO 23, que pertence ó programa PLAN SOCIAL ENCE 2023, financiado ENCE.

O obxectivo desta axuda é o emprendemento e innovación de cara a mellorar as instalacións da confraría de Bueu. Para unha xestión máis eficiente dos recursos naturais que esta confraría explota no entorno da Ría de Pontevedra. #enceplansocialpontevedra

PROXECTO COLECTIVO DA CONFRARÍA DE BUEU PARA UNHA XESTIÓN RESPONSABLE E SOSTIBLE DOS RECURSOS MARISQUEIROS QUE PERMITA A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS HABITATS COSTEIROS, ESPECIALMENTE DOS SUXEITOS A PROTECCIÓN E PARA O FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL (PE209P-2023F-001)

 

ENTIDAD BENEFICIARIA: Confraría de pescadores "San Martiño" de Bueu

PERÍODO DO PROXECTO: 1 xullo 2023 - 30 xuño 2024

IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEBIDA: 47.004 EUROS ( inclúe a contratación dun técnico e dun gardapesca)

OBXECTIVOS: Xestión responsable e sostible dos recursos marisqueiros

RESULTADOS: Melloras na xestión por seguimento da actividade extractiva, control de tallas… e vixilancia máis efectiva contra o furtivismo.

 

PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027

Proxecto financiado polo FEMPA nun 70%

ComerArt

A Confraría de Bueu promove o proxecto ComerArt que vai a consistir en poñer en valor a pesca costeira artesanal a través da promoción da cultura mariñeira artesanal, a mellora dos servizos ofertados ao sector na lonxa e da comercialización dos produtos da pesca costeira artesanal.

A finalidade do proxecto e poñer en valor a importancia da pesca costeira artesanal, para favorecer a comercialización dos seus produtos en con elo, mellorar as condicións dos participantes na cadea de comercialización dos produtos procedentes da pesca artesanal.

O proxecto foi aprobado polo GALP Ría de Pontevedra, e está cofinanciado polo FEMPA.

Total subvencionado   133.499,75€

       70% FEMPA   93 449,83€

       30% Comunidade Autónoma    40.049,93€

 

 

 

Esta entidade está a desenrolar o proxecto EMPRENDIMIENTO 23, que pertence ó programa PLAN SOCIAL ENCE 2023, financiado ENCE.

O obxectivo desta axuda é o emprendemento e innovación de cara a mellorar as instalacións da confraría de Bueu. Para unha xestión máis eficiente dos recursos naturais que esta confraría explota no entorno da Ría de Pontevedra. #enceplansocialpontevedra

Os investimentos realizados foron:

  • Investimentos para mellorar os servizos prestados
    • Melloras no carro do varadoiro.
    • Adquisición dun automóvil
  • Comercialización e valorización
    • Adquisición de caixas de peixe

Importe investimento: 42.876,22 €

Importe concedido: 30.000,00 €